INVESTIGADORES
FARIAS Ruy Gonzalo
capítulos de libros
Título:
Peóns, obreiros e xornaleiras: Patróns de asentamento e inserción socioprofesional dos galegos en Avellaneda e Lanús, 1890-1930
Autor/es:
RUY FARÍAS
Libro:
Bos Aires galega
Editorial:
Toxosoutos
Referencias:
Lugar: Noia; Año: 2010; p. 115 - 136
Resumen:
O claro desequilibrio entre o número de estudos centrados na colonia galega na cidade de Bos Aires, e aqueles que se ocupan da súa instalación noutros puntos do territorio arxentino (ao que se suma a convición de que en ocasiones este desfase acaba xerando visións excesivamente ?porteñocéntricas?), levounos a analizar as características particulares das correntes que se dirixiron as actuais municipios bonaerenses de Avellaneda e Lanús entre 1890 e 1930. Esta zona transformouse a finais do século XIX nunha das áreas urbáns e industriais máis importantes do país. Mediante unha análise agregada de distintas fontes nominativas, analizamos a composición étnico-rexional do colectivo español na área, determinando que, ao longo do período estudiado, os galegos foron de forma constante en torno ao 70 % de todos os españois. Este enorme peso demográfico combinouse co peculiar tipo de instalación espacial do que fixeron gala, pois o mesmo caracterizouse por un altísimo nivel de concentración espacial, que fixo que estas persoas se encontrasen sobrerrepresentadas na actual cidade de Avellaneda, así como tamén nas localidades de Piñeiro e Gerli. Por outra parte, tamén a inserción socioprofesional do inmigrante galego nesta zona foi diferente á tradicionalmente atribuída ao grupo (o sector dos servizos urbáns ou semi-urbáns). Se ben se pode encontrar aos galegos en prácticamente todas as ocupacións que a estrutura económica da área ofrecía, e moitos experimentaron un notable progreso e enriquecemento a través da práctica de profesións liberais, a industria, o comercio de mediano ou gran xiro, ou pola súa participación na función pública, a gran maioría encontrou o seu lugar entre as filas do proletariado industrial e non industrial, onde chegaron a xerar verdadeiros bolsóns ou ?nichos laborais?, claramente identificables.