INVESTIGADORES
FARIAS Ruy Gonzalo
capítulos de libros
Título:
Unha análise da experiencia dos emigrantes galegos á Arxentina a través das fontes oris (1936-1971)
Autor/es:
RUY FARÍAS
Libro:
Baixo o signo do franquismo: emigrantes e exiliados galegos na Arxentina
Editorial:
Ediciones Sotelo Blanco
Referencias:
Lugar: Santiago de Compostela; Año: 2011; p. 109 - 135
Resumen:
A fin de interpretar o fenómeno da emigración galega á Arxentina na segunda posguerra, e de determinar os seus grandes lineamentos, os científicos sociais solemos executar amplas agregacións de datos cuantitativos. Aínda que esta operación permite ir máis alá da imposible acumulación dos centenares de miles de experiencias individuais que o compoñen, non deixa de supoñer tamén a simplificación dunha experiencia moito máis rica e diversificada. É evidente que se non podemos renunciar á primeira operación, tampouco deberiamos deixar de apelar a esas experiencias, pois iso implicaría renunciar a aqueles casos ou aspectos que eluden as características xerais do proceso. O presente traballo explora, a partir da subxectividade propia da memoria dos seus protagonistas (ou dos seus descendentes), o marco xeral de oportunidades e procesos macroeconómicos e macrosociais que fixeron posible o último ciclo da emigración galega á Arxentina, as rutas e medios de transporte empregados, os seus patróns de asentamento no país de acollida, a inserción socioeconómica neste, a mobilidade socioespacial, etc.