INVESTIGADORES
SANCHEZ Mariela Paula
artículos
Título:
Mulleres galegas e emigración transatlántica. De Mamasunción a Dúas letras (ou de como a figura da nai toma a palabra)
Autor/es:
SÁNCHEZ, MARIELA
Revista:
Galicia 21. Journal of Contemporary Galician Studies
Editorial:
Bangor University
Referencias:
Lugar: Bangor; Año: 2021 vol. K p. 65 - 85
Resumen:
Este traballo propón unha análise da representación das mulleres en dúas curtametraxes que focalizan a emigración de Galicia a América, con énfase na perspectiva de nais que permanecen na aldea de orixe á espera de noticias transatlánticas. O obxectivo é abordar o tratamento, na trama de ambas as dúas textualidades fílmicas, da soidade, dalgunhas problemáticas de comunicación e dos prexuízos atinentes á imaxe da muller no clásico pioneiro Mamasunción, de Chano Piñeiro (1984), e en Dúas letras, de Fina Casalderrey e Eloy Varela (2011), que é, dalgún xeito, unha remake da realización inaugural de Piñeiro pero engade outra perspectiva, moi especialmente na toma da palabra. Aspírase a discutir determinados tópicos de inacción e mera expectación “penelopiana" polo xeral asociables ás imaxes de espera que predominan nestas realizacións. Malia o illamento ao que están sometidas e malia que non protagonicen emigración algunha, as mulleres en cuestión resultan fundamentais para a comprensión do proceso migratorio e algunhas das cuestións que o compoñen: a ferramentas educativas das que se carece, as necesidades económicas, o esquecemento, a simulación; pero tamén para a comprensión de manifestacións de solidariedade que varían o foco da historia narrada e as interaccións. Vaise contemplar, para o caso, bibliografía específica que permita indagar na condición de subalternidade das mulleres, para estudar a alternancia de linguaxe corporal, oralidade e escrita, e os medios de conexión –e de falta de encontro– entre diferentes latitudes, xeracións e xéneros polo medio epistolar para a situación de quen queda a expensas de noticias de outros que chegan con extrema dificultade e mediación.