INVESTIGADORES
SANCHEZ Mariela Paula
congresos y reuniones científicas
Título:
Un soporte arxentino nos corolarios da Guerra Civil: Galicia nas fronteiras textuais das páxinas transatlánticas de España Republicana
Autor/es:
SÁNCHEZ, MARIELA
Lugar:
Buenos Aires
Reunión:
Congreso; XI Congreso Internacional de la Asociación Internacional de Estudos Galegos; 2015
Institución organizadora:
Asociación Internacional de Estudos Galegos
Resumen:
No marco dos estudos transatlánticos, que teñen para o campo das relacións entre Arxentina e España o antecedente de Julio Ortega e a concreción de análises que seleccionandiferentes enfoques para tratar as relacións literarias a dúas beiras, como o deNiall Binns (Argentina y la Guerra Civil española e o de Ana Gallego Cuiñas Entre la Argentina y España. El espacio transatlántico de la narrativa actual, a presente proposta aspira a relevar parte da presencia de Galicia nas letras de España Republicana, publicación doCentro Republicano Español de Bos Aires, órgano de prensa que albergou cuestións políticas pero tamén culturais en termos amplos, editoriais e institucionais. As anclaxes xenéricas e as características dun determinado soporte poden ser sometidas aunha análise baseada en relatos que migran desde algunha publicación clandestina e que pasan a ser nodos posibles para as referencias á Guerra Civil,a difusión de textos concibidos como literarios e de nula posibilidade de difusión na España franquista, e a resignificación de diferentes realizacións da resistencia de escritores e escrituras de Galicia. Establecerase unha seleccióncentrada nos anos 40 e 50 que permete, nas tan estudadas converxencias pero tamén nas friccións entre xornalismo e literatura, entrever nodos narrativos dunha cultura largamente silenciada, portadora dun destacado rol no campo literario que ineludibles figuras de autor cultivaron na Arxentina e que atopan nas páxinas do xornal feito en Bos Aires unha particular resonancia. Alfonso Rodríguez Castelao, Eduardo Blanco Amor e Rafael Dieste van ser algunhas das figuras tomadas por un soporte que desde 1918 e ata comezos da década dos 80 doséculo XX sostivo, malia a distancia e as dificultades materiais que por momentos puxeron en perigo a súa periodicidade, as voces, as noticias e os principios do republicanismo, cun sitio sobranceiro para os protagonistas galegos.