INVESTIGADORES
LAWLER Diego
artículos
Título:
A emerxencia da axioloxía dentro da práctica técnica
Autor/es:
LAWLER, DIEGO
Revista:
Ágora de Orcellón
Editorial:
Instituto de Estudios Carballiñeses
Referencias:
Lugar: Vigo; Año: 2017 vol. - p. 225 - 236
ISSN:
1577-3205
Resumen:
A acción técnica é unha acción produtiva intencional, planificada e realizada paraobter de forma eficiente obxectivos valiosos, a partir de considerar e escoller os mediosmáis adecuados (Lawler, 2006). O significado das expresións ?medios máis adecuados? e?satisfacción dos mellores obxectivos? entraña dúas cuestións valorativas importantes respectoda acción técnica. Por unha banda, a cuestión da avaliación da acción na súa naturezade acción técnica, isto é, a realización da acción con crecente grao de eficiencia.Por outra, expón a cuestión da avaliación e elección dos obxectivos. Estes últimos, na súacondición de desexos ou necesidades humanas, supoñen representacións precisas acercade que é posible, que é desexable e que debe evitarse. Ambas as cuestións introducen emoldean o ámbito axiolóxico específico da acción técnica. Neste artigo desexo explorarcon certo detalle a proposta axiolóxica de Mario Bunge para as accións técnicas. A formamáis directa de facelo é analizar cal é o ámbito axiolóxico implicado pola noción de regratécnica. Con este propósito recuperarei a definición bungeana de regra técnica en termosde máxima de acción. Propóñome examinar a condición propiamente axiolóxica involucradanela. Este artigo está estruturado de acordo cos seguintes pasos. En primeiro lugar,retrato brevemente a noción de valor e as fontes da súa orixe segundo Bunge. En segundolugar, analizo a condición axiolóxica implicada na máxima de acción que especificaa regra técnica. En terceiro lugar, discuto o contido da ?endoaxioloxía? (Bunge, 1985)da técnica con especial fincapé na elaboración do valor de eficiencia e, xunto ao esbozodos seus aspectos problemáticos, resumo as conclusións que se derivan deste enfoque. Finalmente,reflexiono sobre a fonte da dimensión axiolóxica da acción técnica