INVESTIGADORES
FARIAS Ruy Gonzalo
libros
Título:
Bos Aires galega
Autor/es:
RUY FARÍAS (COORDINADOR)
Editorial:
Toxosoutos
Referencias:
Lugar: Noia; Año: 2010 p. 570
ISSN:
978-84-92792-49-8
Resumen:
Dende a friaxe dos datos estatísticos, non se necesita de maior escusa para dedicar un volume a investigacións, reflexións e testemuños do que a emigración galega representou e aínda representa en Bos Aires, que da simple constatación do seu peso demográfico. Entre 1857 e 1960 non menos de 600.000 galegos asentáronse de xeito definitivo na Arxentina, sobre todo nas zonas urbanas do litoral da Pampa, e moi particularmente en Bos Aires. Lonxe das imaxes estereotipadas do que os inmigrantes galaicos foron e son naquela urbe, que as veces ensombrecen a súa rica e complexa diversidade de actores e protagonistas nos diversos ámbitos laborais, culturais, políticos e sociais da sociedade de acollida, o libro busca ofrecer ao gran público un panorama xeral e máis ou menos representativo dos trazos fundamentais do fenómeno migratorio que nos ocupa. Os fluxos migratorios galegos cara a Arxentina entre mediados do século XVIII e a década de 1960, a inserción socioprofesional, patróns de asentamentos e pautas matrimoniais daqueles migrantes (tanto na urbe porteña como nalgunha das súas periferias), os perfiles dalguns persoeiros excepcionais que pasaron a ser grandes terratenentes, mecenas da cultura galega ou piares da Arxentina, os doutros homes e mulleres que —dende realidades máis modestas—- reflexionan sobre a súa experiencia e a dos seus achegados no contexto do masivo fenómeno migratorio, o papel dos galegos dentro do mutualismo español e tamén o seu propio asociacionismo étnico, a problemática específica das mulleres emigrantes, as miradas que a sociedade porteña e algúns dos seus escritores máis emblemáticos tiveron de quen a ela chegaron dende Galicia, a conservación, transmisión e reinvención da cultura galega en Bos Aires, o potencial das novas tecnoloxías para a identidade galaico-porteña, os prexuízos e xenofobias que a sociedade porteña tivo respecto dos inmigrantes galegos, ou doutros que actualmente chegan a ela (como é o caso dos bolivianos), etc. A mesma enumeración dos temas abordados dá conta da envergadura, riqueza e complexidade do fenómeno da emigración galega a Bos Aires. Dese xeito, e aínda que o volume non teñe a pretensión de facer un repaso exhaustivo do estado actual dos nosos coñecementos en relación coa emigración galega en Bos Aires, si pretende ofrecer unha mostra representativa e sólida posible das problemáticas e aspectos máis importantes do devandito fenómeno, incluíndo, claro está, a integración daquelas persoas na multifacética sociedade que elas mesmas estaban construíndo.