INVESTIGADORES
FARIAS Ruy Gonzalo
capítulos de libros
Título:
Introducción
Autor/es:
RUY FARÍAS
Libro:
Bos Aires galega
Editorial:
Toxosoutos
Referencias:
Lugar: Noia; Año: 2010; p. 11 - 35
Resumen:
O texto supón un balance da producción historiográfica sobre a emigración galega en Bos Aires, e tamén unha reflexión sobre as causas polas que o grupo étnico-rexional máis numeroso de todos os que cegaron dende Europa á Arxentina entre os séculos XIX e XX, atopou un reflexo tan parcial e distorsionado na historiografía do país receptor. A partir de alí, se introducen os traballos reunidos no volume Bos Aires galega, nos que se analizan temas tan diversos e complexos como os fluxos migratorios entre mediados do século XVIII e a década de 1960, a inserción socioprofesional, patróns de asentamentos e pautas matrimoniais daqueles migrantes, os perfiles dalgúns persoeiros excepcionais que pasaron a ser grandes terratenentes, mecenas da cultura galega ou piares da Arxentina, os doutros homes e mulleres que ?dende realidades máis modestas?- reflexionan sobre a súa experiencia e a dos seus achegados no contexto do masivo fenómeno migratorio, o papel dos galegos dentro do mutualismo español e tamén o seu propio asociacionismo étnico, a problemática específica das mulleres emigrantes, as miradas que a sociedade porteña e algúns dos seus escritores máis emblemáticos tiveron de quen a ela chegaron dende Galicia, a conservación, transmisión e reinvención da cultura galega en Bos Aires, o potencial das novas tecnoloxías para a identidade galaico-porteña, os prexuízos e xenofobias que a sociedade porteña tivo respecto dos inmigrantes galegos ou doutros que actualmente chegan a ela, etc.