INVESTIGADORES
FARIAS Ruy Gonzalo
artículos
Título:
Novas miradas a unha vella temática: migracións rexionais españolas e portuguesas cara a América Latina
Autor/es:
RUY FARÍAS; ERICA SARMIENTO
Revista:
Estudos Migratorios: Revista Galega de Análise das Migracións
Editorial:
Consello da Cultura Galega / Universidade de Santiago de Compostela
Referencias:
Lugar: Santiago de Compostela; Año: 2013 vol. 4 p. 7 - 14
ISSN:
1889-9609
Resumen:
Ao longo dos séculos XIX e XX un gran número de habitantes de distintas rexións da Península Ibérica atravesaron o océano que media entre aquela e América, moitas veces en ambos os dous sentidos.Nas últimas décadas, os estudos sobre estes movementos experimentaron substanciais avances, os cales encarnan unha serie de importantes mutacións en canto aos enfoques de investigación, as temáticas desenvolvidas e as fontes utilizadas. A primeira delas ten que ver con variacións nos marcos espaciais e temporais de análise. Por un lado, a mirada respecto da sociedade de partida experimentou un progresivo abandono do tradicional ámbito estatal, deixando un máis amplo lugar ao rexional ou comarcal. Pero tamén se produciu unha importante ampliación dos marcos temporais de estudo, que tenderon a ensancharse por enriba e por debaixo do clásico período da emigración masiva (1880 a 1930), incorporándose así tanto o estudo do período tardocolonial coma o posterior á Segunda Guerra Mundial.En segundo lugar, verificouse un notable incremento das temáticas abordadas. En tal sentido debe recordarse, por exemplo, o espazo gañado polos estudos de xénero, a análise das políticas públicas sobre migracións, os imaxinarios e as representacións, ou o exilio daquelas persoas que escapan ao repetido caso das elites intelectules ou políticas (cando non ás "prosopografías heroicas"), etc.En terceiro lugar, as investigacións sobre os patróns de asentamento, a conduta matrimonial e a participación nas asociacións voluntarias dos distintos grupos emigrantes, mostraron formas de asimilación, integración ou fusión que revelan sociedades moito máis complexas das que tradicionalmente quixeron ver as historiografías americanas. Isto, á súa vez, levou á valorización ou revalorización dunha ampla gama de fontes, tanto de tipo cuantitativo como cualitativos, xeradas na sociedade de partida e na de acollida.Os artigos reunidos no presente volume dan acabada conta de todo o anterior, e constitúen unha rica mostra da diversidade de períodos, problemáticas, enfoques e fontes dende os cales pode ser abordado un fenómeno tan vasto e complexo como o das migracións entre a Península Ibérica e América Latina.