INVESTIGADORES
FARIAS Ruy Gonzalo
artículos
Título:
"Do instrumentalismo ao interese e a participación real. Unha ollada crítica verbo da identidade galega en Bos Aires"
Autor/es:
RUY FARÍAS
Revista:
ReNova Galiza. Revista de pensamento cívico, estudos culturais e solidariedade galega
Editorial:
Foro Cívico Galego de Barcelona
Referencias:
Lugar: Barcelona; Año: 2006 p. 89 - 91
ISSN:
1886-4597
Resumen:
Por que o galego, o maior grupo étnico chegado de Europa, non trasladou un senso de identidade e orgullo nacional aos seus descendentes? A resposta a este interrogante parte dun feito básico, fundacional: aqueles que entre finais do século XIX e mediados do XX chegaban desde as súas aldeas á opulenta Buenos Aires eran persoas que, determinadas a atopar do outro lado do océano o ascenso social que se lles negaba na súa terra, optaron conscientemente por ocultar aqueles trazos identitarios que poderían obstaculizar a súa integración na sociedade de acollida. É evidente que ser gayego non constituía a mellor carta de presentación ante a sociedade porteña. Moitos deles (particularmente os que integraron a chamada “última vaga migratória”) cargaban, ademais, co macuto de que, sendo socializados baixo o franquismo, tamén desprezaban o seu aparentemente inútil e rudo dialecto. Como se condicen estes e outros feitos coa impactante (e quizais circunstancial) revalorización relativa que nos últimos anos asistimos en relación co feito de ter ascendencia galega, é o que se propón indagar o presente artigo.