INVESTIGADORES
KATZ Claudio Isaac
capítulos de libros
Título:
A relevancia contemporánea de Marx
Autor/es:
KATZ, CLAUDIO
Libro:
Vixencia do pensamento marxista
Editorial:
Fundación Moncho Reboiras
Referencias:
Año: 2018; p. 17 - 34
Resumen:
A conmemoración do 150 aniversario d?O Capital reavivou o debate sobreas achegas legadas por Marx á comprensión da sociedade actual. Otexto continúa suscitando apaixonadas adhesións e fanáticos rexeitamentos, mais xa non exerce a enorme influencia que tivo nos anos 60 e 70.Tampouco padece o esquecemento que acompañou a caída da Unión Soviética. Ningún investigador de peso ignora actualmente o significado do libro eas relecturas traspasan a academia e inflúen sobre numerosos pensadores.O interese por Marx verifícase entre os economistas que salientan a súaanticipación da mundialización. Outros descobren unha precoz interpretación da degradación do ambiente e vinculan a ausencia de solucións á desfeita ecolóxica coa crise civilizatoria que previu o teórico xermano.A súa obra é retomada con maior frecuencia para caracterizar a etapaneoliberal. Varios autores estudan as semellanzas dese esquema co ?capitalismo puro? e desregulado que prevalecía na época de Marx.Nun período de privatizacións, apertura comercial e flexibilización laboralenxérganse trazos do sistema que permaneceron agochados durante a fasekeynesiana. Os diagnósticos do pensador alemán recuperan nitidez no século XXI.A gran crise que estourou no 2008 resituou O Capital nun lugar preponderante da literatura económica. Ese esfarelamento financeiro non só desembocou nunha abraiante recesión.