INVESTIGADORES
SANCHEZ Mariela Paula
congresos y reuniones científicas
Título:
A transmisión en Cantares gallegos. Unha poética da oralidade e da iniciación
Autor/es:
SÁNCHEZ, MARIELA
Lugar:
Santiago de Compostela
Reunión:
Congreso; Congreso Internacional Rosalía de Castro no Século XXI. Unha nova ollada; 2013
Institución organizadora:
Consello da Cultura Galega
Resumen:
Preséntase en varios poemas de Cantares gallegos a posta en cuestión do lugar do saber como algo unidireccional, aspecto no que son moi significativas as mudanzas producidas ao redor dun eixo de voz poética e a presenza de diferentes interlocutores. Téntase ofrecer nesta proposta unha sinalización e a conseguinte análise da presenza de núcleos nos que hai unha posibilidade de rastrexar cuestións de transmisión moi particulares que botan man da creazón para vehicular os reclamos e as carencias en Cantares gallegos. O narrador oral benjaminiano, o narrador que convoca a alguén que o escoita en torno da lume, está lonxe da figura illada do novelista, pero achégase bastante, nalgún senso, a certas decisións estéticas dos poetas. Nas escenas de transmisión susceptibles de ser rastreadas en Cantares gallegos, nas súas pasaxes narrativas portadoras de niveles discursivos que albergan algunha instancia de aprendizaxe ou de intento de toma de conciencia, no xesto de facer abrir os ollos acerca dunha dura realidade posta en literatura por Rosalía de Castro, emerxe ese narrador artesán, ese transmisor que, como o oleiro, parafraseando a comparación que estabelece Benjamin, dá forma oral á materia da experiencia. Os aportes conceptuais que brindan precisións en torno aos límites entre transmisión e comunicación complementan unha lectura que apunta a volver á potencialidade deste libro para dar cabida a novas lecturas e, fundamentalmente, á formulación de novas preguntas en torno a unha análise puntual dalgúns poemas escollidos.