INVESTIGADORES
SANCHEZ Mariela Paula
congresos y reuniones científicas
Título:
Memorias de infancia e migración de Galicia a Arxentina: narrativas de hoxe sobre o bullying de onte, e outros avatares transfronteirizos e transculturais
Autor/es:
SÁNCHEZ, MARIELA
Lugar:
Vigo y Santiago de Compostela
Reunión:
Congreso; Congreso Internacional (Des)Escribindo a Fronteira: Identidades Liminais Humanas e Non-Humanas (De)Writing the Borderland: Human and Non-Human Liminal Identities; 2022
Institución organizadora:
Universidade de Vigo y Universidade de Santiago de Compostela
Resumen:
Existe un relato de idealización que contempla a temática migratoria de Galicia na Arxentina como mostra de converxencia, encontro e integración. As memorias que resumen a imaxe da migración cunha gastada metáfora, a da maleta cargada de soños, reflicten, sen dúbida, aspectos positivos e xenuínos da inmersión na terra de acollida. Hai, porén, na literatura de creación, ocasión de botar atención sobre como se actualiza a experiencia dunha nenez migrante, especialmente no caso da escritura de mulleres, que permite analizar dun xeito dabondo complexo cuestións que atopan unha vía de expresión na narrativa e, nalgúns casos, máis especificamente na ficcionalización. As nenas galegas de novelas como Estuvimos cantando, de María García Campelo (2015), Solo queda saltar, de María Rosa Lojo (2018) e Aurelia quiere oír, de María Rosa Iglesias (2019), entre outras, debátense entre linguas, espazos e tránsitos culturais. Presentan identidades conformadas en diversos tipos de friccións e configuradas dende o século XXI nunha articulación de avatares lingüísticos, familiares, de pertenza e de códigos que constitúen nodos da emigración transatlántica galega sobre os que aínda non houbo reflexión suficiente e que mesmo son pertinentes para deconstruír conceptos xerais que perviven sen problematización e que teñen unha longa historia de estigmatización. Sobre a base da redefinición de categorías vencelladas a desprazamentos forzosos e á atención historiográfica nun colectivo migrante maioritario na Arxentina como o galego, esta proposta de análise aspira a indagar nun corpus que se enmarca dentro das ?escrituras do eu? pero que tamén move a fronteira deses ámbitos.