INVESTIGADORES
SANCHEZ Mariela Paula
artículos
Título:
Un medio arxentino nos corolarios da Guerra Civil: Galicia e as fronteiras textuais das páxinas transatlánticas de España Republicana
Autor/es:
SÁNCHEZ, MARIELA
Revista:
Madrygal. Revista de Estudios Gallegos
Editorial:
Universidad Complutense de Madrid
Referencias:
Lugar: Madrid; Año: 2017 p. 201 - 210
ISSN:
1138-9664
Resumen:
No marco dos estudos transatlánticos, a presente proposta aspira a relevar parte da presenza de Galicia nas letras de España Republicana, publicación do Centro Republicano Español de Buenos Aires, órgano de prensa que albergou cuestións políticas pero tamén culturais en termos amplos. Os ancoradoiros xenéricos e as características dun determinado soporte poden ser sometidas a unha análise baseada en relatos que migran desde algunha publicación clandestina e que pasan a ser núcleos posibles para as referencias á Guerra Civil e as súas consecuencias, a difusión de textos concibidos como literarios e de nula posibilidade de difusión na España franquista, e a resignificación de diferentes realizacións da resistencia de escritores e escrituras de Galicia. Establecerase unha selección centrada nos anos 40 e 50 que permite, nas tan estudadas converxencias pero tamén nas friccións entre xornalismo e literatura, entrever nodos narrativos dunha cultura largamente silenciada, portadora dun destacado rol no campo literario que ineludibles figuras de autor cultivaron na Arxentina e que atopan nas páxinas do xornal feito en Buenos Aires unha particular resonancia. Tanto personalidades destacadas como suxeitos anónimos capaces de dar mostras de universalización e representatividade son tomadas por un soporte que desde 1918 e ata comezos da década dos 80 do século XX sostivo, malia a distancia e as dificultades materiais que por momentos puxeron en perigo a súa periodicidade, as voces, as noticias e os principios do republicanismo, cun sitio sobranceiro para Galicia.