IDIHCS   22126
INSTITUTO DE INVESTIGACIONES EN HUMANIDADES Y CIENCIAS SOCIALES
Unidad Ejecutora - UE
congresos y reuniones científicas
Título:
Un soporte arxentino nos corolarios da Guerra Civil: Galicia nas fronteiras textuais das páxinas transatlánticas de España Republicana
Autor/es:
SÁNCHEZ, MARIELA
Lugar:
Buenos Aires
Reunión:
Congreso; XI Congreso Internacional de la Asociación Internacional de Estudos Galegos; 2015
Institución organizadora:
Asociación Internacional de Estudos Galegos
Resumen:
No marco dosestudos transatlánticos, que teñen para o campo das relacións entre Arxentina eEspaña o antecedente de Julio Ortega e a concreción de análises que seleccionandiferentes enfoques para tratar as relacións literarias a dúas beiras, como o deNiall Binns (Argentina y la Guerra Civil española) e o de Ana Gallego Cuiñas (Entrela Argentina y España. El espacio transatlántico de la narrativa actual), apresente proposta aspira a relevar parte da presencia de Galicia nas letras de España Republicana, publicación doCentro Republicano Español de Bos Aires, órgano de prensa que albergoucuestións políticas pero tamén culturais en termos amplos, editoriais einstitucionais. As anclaxesxenéricas e as características dun determinado soporte poden ser sometidas aunha análise baseada en relatos que migran desde algunha publicaciónclandestina e que pasan a ser nodos posibles para as referencias á Guerra Civil,a difusión de textos concibidos como literarios e de nula posibilidade dedifusión na España franquista, e a resignificación de diferentes realizacións daresistencia de escritores e escrituras de Galicia. Establecerase unha seleccióncentrada nos anos 40 e 50 que permete ?nas tan estudadas converxencias perotamén nas friccións entre xornalismo e literatura? entrever nodos narrativos dunhacultura largamente silenciada, portadora dun destacado rol no campo literarioque ineludibles figuras de autor cultivaron na Arxentina e que atopan naspáxinas do xornal feito en Bos Aires unha particular resonancia. AlfonsoRodríguez Castelao, Eduardo Blanco Amor e Rafael Dieste van ser algunhas dasfiguras tomadas por un soporte que desde 1918 e ata comezos da década dos 80 doséculo XX sostivo, malia a distancia e as dificultades materiais que pormomentos puxeron en perigo a súa periodicidade, as voces, as noticias e os principios do republicanismo, cun sitio sobranceiro para os protagonistas galegos.