IDIHCS   22126
INSTITUTO DE INVESTIGACIONES EN HUMANIDADES Y CIENCIAS SOCIALES
Unidad Ejecutora - UE
artículos
Título:
Achegas ao exame do crecemento da acumulación industrial arxentina na posconvertibilidade (2005-2011) e a súa comparación coa fase de incremento neoliberal (1993-1998)
Autor/es:
NASPLEDA, FEDERICO DANIEL
Revista:
Revista Galega de economía
Editorial:
Universidade de Santiago de Compostela
Referencias:
Lugar: Santiago de Compostela; Año: 2020 vol. 29 p. 1 - 17
ISSN:
1132-2799
Resumen:
Varias discusións tiveron lugar en relación á acumulación industrial arxentina desde a etapa neoliberal (denominada tamén como ?convertibilidade?) ata a súa ruptura na etapa de posconvertibilidade. As discusións ordénanse ao redor de se entre ambos os lapsos se manifestaron cambios estruturais significativos no perfil industrial predominante ?segundo a preponde-rancia na elaboración de commodities industriais? ou se, pola contra, existen máis continuidades. O presente estudo achégase aos mencionados debates examinando a industria, por unha banda baixo a dinámica de acumulación dos sectores que a inte-gran, e por outra, segundo un modelo insumo produto. Á súa vez, co obxectivo de estudar as características do crecemento das manufacturas na posconvertibilidade e de establecer comparacións coa convertibilidade, diferéncianse as fases de incre-mento acumulativo das fases de crises e recuperación. Este estudo incorpórase desde este enfoque ás teses que sosteñen as continuidades persistentes en ambas as etapas.